A CIG-Ensino anima a participar nas concentracións en repulsa polo asasinato de Laura Luelmo
Ante os continuos ataques e agresións que sofren as mulleres, dende a CIG-Ensino animan ao profesorado galego a reaxir.
A través dun comunicado aseguran que “ante os continuos ataques e agresións que sofren as mulleres, vítimas da sociedade patriarcal que ampara este tipo de violencias, e o terríble asasinato da nosa compañeira docente Laura Luelmo, animamos ao profesorado galego a participar nas concentracións previstas diante dos centros durante o recreo en repulsa por este crime e por todas as accións que denigran e atentan contra as mulleres”.
Aproveitan tamén para lembrar “a necesidade de abordar de forma transversal a coeducación e a igualdade no sistema educativo galego cunha aposta decidida por parte da administración e coa asignación de recursos específicos para este fin”.
Ante os continuos ataques e agresións que sofren as mulleres desde a @CIGEnsino animamos o profesorado galego a reaxir.#oMachismoMata#QuerémonosLibreshttps://t.co/pMqwBxGWyW pic.twitter.com/mZW7tyVeMj
— CIG Ensino (@CIGEnsino) December 18, 2018