Luís María Díez-Picazo Giménez, Presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo // Imaxe: http://www.poderjudicial.es

Xuíces para a Democración dimisións pola polémica do imposto hipotecario

O pasado 18 de outubro dábase a coñecer a Sentenza 1505/2018, da Sección Segunda da Sala Terceira do Tribunal Supremo que, estimando un recurso contencioso-administrativo, anulaba unha resolución do Tribunal Económico-Administrativo Regional de Madrid que imputaba o pago, como suxeito pasivo, do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, ao prestatario con garantía hipotecaria, e, correlativamente, declaraba nulo o precepto regulamentario que cargaba ditos tributos ao prestatario, por ser contrario á Lei.

Dende Xuíces e Xuízas para a Democracia (JJpD), a través dun comunicado, califican de sorprendente a actuación do Presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo, Luís María Díez-Picazo Giménez, que “nunha actuación sen precedentes, ao día seguinte de coñecerse a Sentenza, ante a súa enorme repercusión económica e social, acordou con carácter urxente, deixar sen efecto tódolos sinalamentos sobre recurso de casación pendentes cun obxecto similar e avocar ao Pleno da sala o coñecemento dalgún de ditos recursos pendentes, a fin de decidir se dito xiro xurisprudencial debe ser ou non confirmando”.  

Duras críticas cara a actuación de Díez-Picazo

Dende JJpD lembran que foi o propio Díez-Picazo, como Presidente da Sala terceira do TS, quen asinou o auto que admitía a trámite dito recurso, polo que ven insólita a súa actuación, entre outros aspectos, pola “mala imaxe da Administración de Xustiza que xerou”, ademais do “descrédito dos seus propios compañeiros aos que preside e que elaboraron unha sentenza perfectamente discutida, razoada e razoable.  

JJpD consideran que realizou “unha nefasta xestión deste asunto, do que é único e exclusivo responsable, xerando el so alarma social, provocando desconcerto na cidadanía que non sabe qué facer coas súas hipotecas e toda a súa economía doméstica, xerando inseguridade xurídica, empregando indebidamente as facultades legais encomendadas e pondo en tela de xuízo a imparcialidade e independencia dos xuíces, xerando unha imaxe lamentable cara a cidadanía.  

Por elo, dende JJpD esixen a inmediata dimisión de Luís María Díez-Picazo Giménez como Presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo.

Reacción políticas

Luís Villares, voceiro de En Marea, amosou publicamente o seu apoio ao comunicado de JJpD.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies