Facebook bloquea a maior páxina en galego

Orgullo galego que conta con preto de 150.000 seguidores sufriu o bloqueo de Facebook por presións de supremacistas os que lle sentou mal que cuestionaran a deturpación de topónimos galegos.

Segundo veñen de publicar os xestores da propia páxina, esta semana estiveron sen publicar vintecatro horas por causas alleas a súa vontade. Segundo indican “A maior páxina de facebook en lingua galega foi bloqueada polo propio facebook após publicar esta viñeta e dúas novas cuestionando a deturpación dos nosos topónimos (Sangenjo por exemplo)”.

O bloqueo da páxina veu dado porque grupos organizados de persoas denunciaron a páxina masivamente.

Os administradores da páxina pedíronlle explicación á rede de Mark Zuckerberg que, loxicamente, levantaron o bloqueo xa que non se incumpriu ningunha das normas de Facebook.

 

Hablamos español

O bloqueo da páxina aconteceu despois de diversas campañas de recollida de sinaturas da organización Hablamos Español unha organización creada por Gloria Lago para facer de sucesora de Galicia Bilingüe que xa emprendera acción contra o galego no ámbito educativo.

Dita organización está levando a cabo campañas nas redes e na rúa para recoller sinaturas contra a favor da utilización de topónimos deturpados. Algunha da recollidas de sinaturas acabaron con incidentes como foi no caso de Sanxenxo.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies