Lewis Hamilton co seu can Roscoe // Imaxe: https://www.instagram.com/roscoelovescoco

O can de Hamilton cobra máis nun ano que ti en dez

Roscoe, o bulldog de Lewis Hamilton, converteuse nunha estrea mediática podendo chegar a ter un soldo maior que algún dos pilotos da máxima competición de automobilismo internacional.

O can de Hamilton, segundo desvelou a web Road and Track tomando como referencia unha entrevista que lle fixeron a Hamilton en Metro, é parte dunha axencia de modelos que realiza campañas publicitarias, onde cobra sobre 700 dólares por día, polo que, no caso de que o can “traballase” todos os días laborables do ano, tería mellor soldo que Sergey Sirotkin, o piloto de Williams Martini Racing, que é o peor pagado da Fórmula 1, pois se se multiplicase o diñeiro gañado por día polos 251 días laborables de 2018, Roscoe cobraría arredor de 175.000 dólares, 25 mil máis que Sergey.  

Hamilton explicou que “Roscoe ten castings onde se enfronta a 10 ou 15 bulldogs. Dixéronme que precisaban a un bulldog para anunciar un produto. Cobra 700 dólares por día, soa ridículo, pero recibe o seu premio e encántalle”. Os cans do coñecido piloto ata teñen unha conta de Instagram onde “contan” as súas vivencias a través dun community manager. 

 

 
 
 
 
 
Ver esta publicación en Instagram
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

🐶

Una publicación compartida de Roscoe & Coco Hamilton (@roscoelovescoco) el

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies