Cachondéanse do rei emérito na saída dunha marisquería de Vigo

Juan Carlos I foi recibido con gritos de “Viva la República!”, “A tope sin drogas!”, “Que tal el centollo?” ou “Galicia calidade” na saída dunha marisquería en Vigo.

No día de onte comezou a circular un video viral no que se pode ver como varios cidadáns con risas e algún berro se dirixen ao anterior rei ao saír dun local de restauración en Vigo.

Segundo desvelou o Faro de Vigo, o anterior rei de España, atopábase ceando nun local da Ronda de don Bosco coa infanta Elena e a “Asociación de Amigos de la Buena Mesa” que soen xuntarse habitualmente para sesións gastronómicas.

Foi na saída da citada cea cando a xente reparou na presenza do monarca e a xente deu renda solta ao cachondeo e, entre risas e berros, dirixíndolle expresións como “Viva la república” ou “A tope sin drogas!”.

Deixámosvos o video para que xulguedes vós mesmos:

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies