Pleno do Congreso dos Deputados // Imaxe: http://www.congreso.es

PP e Ciudadanos vólvense unir para defender o franquismo

O pleno do Senado condenou este mércores o franquismo, así como “calquera acto de exaltación do mesmo” nunha moción do PSOE que respalda ao Goberno na exhumación de Franco do Valle de los Caídos e que saíu adiante pola abstención do PP, que ten maioría absoluta na Cámara alta e de Ciudadanos.

A iniciativa, que tamén insta ao Goberno a ilegalizar organizacións que exalten a Franco, o fascismo e o nazismo, non tivo ningún voto en contra, recibindo o apoio de 97 votos do pSOE, Unidos Podemos e os nacionalistas cataláns e vascos mentres PP, Ciudadanos, Unión del Pueblo Navarro e Foro Asturias aportaron 136 abstencións. 

Os socialistas instaron ao Goberno a reforzar a súa política para repoñer a dignidade das vítimas e afrontar “a perversión democrática que supón que Franco siga enterrado no Valle de los Caídos”, reclamando tamén que impulse a revisión da lei de memoria histórica, que “o real decreto para a exhumación do ditador se tramite como lei” e que se reforcen as políticas “de localización de fosas de vítimas, exhumación e axudas a familiares”.  

O PP tentou de introducir unha emenda para que a ilegalización deste tipo de organizacións incluíse tamén “outras ideoloxías como o comunismo”. Remigio Joel Delgado Cáceres, senador do PP, asegurou “condenamos la dictadura franquista, pero yo nací once años después, ¿qué tengo que ver con eso?” mentres Carlos Aragonés, tamén senador polo PP, aseguraba que se trataba de “meter o dedo no ollo ao PP no 20 de novembro”, acusando aos grupos que apoiaron a iniciativa de “radicalizar el discurso y hacer frentepopulismo contra la derecha o el centro”.  

Pola súa banda, Tontxu Rodríguez, senador do PSOE, acusou aos populares de poñerse de perfil ante o franquismo, porque “hunde sus raíces ideológicas en las camisas nuevas, las banderas victoriosas e la España que empieza a amanecer”.

Ciudadanos presentou sen éxito unha emenda para esixir consenso previo á exhumación de Franco.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies