http://www.zorropedia.com/caza-zorro/

Denuncian que o PP e Ence patrocinan unha caza de raposos

O BNG denuncia que o PP e Ence patrocinan una nova matanza de raposos na comarca de Pontevedra

Segundo informa o BNG a través dun comunicado, a competición de caza de raposos terá lugar o sábado, 12 de xaneiro, nos montes de Cerdedo-Cotobade. Na cartelaría, feita pública estes días, “figura a colaboración de administracións gobernadas polo PP, como a Xunta ou o Concello de Cerdedo-Cotobade, e da empresa Ence.   

Luís Bará, deputado do BNG, cualificou como “unha actividade irracional e aberrante” aos campionatos provinciais e galegos de caza do raposo, asegurando que é “unha actividade que se disfraza como competición deportiva e que en realidade consiste na matanza indiscriminada do maior número de animais no menor prazo de tempo”. Lembrou tamén que o pasado 1 de marzo de 2018, o Parlamento galego aprobou por unanimidade unha iniciativa na que se instaba ao goberno a non apoiar estes campionatos.   

Para o BNG resulta paradóxico “que a empresa que é a maior responsable da proliferación de monocultivos forestais e polo tanto de perda de biodiversidade, patrocine este tipo de actividades” e critican o cinismo e demagoxia do PP, que “presume de desenvolver normativa en contra do maltrato animal e ao mesmo tempo promove e patrocina este tipo de prácticas que non son propias destes tempos”.  

O BNG solicita “a prohibición destas prácticas crueis e en todo caso que non conten co apoio das administracións públicas”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies