Xosé Manuel Beiras entrega o forcado do caldo a Luís Villares e a Quique Monteagudo

No Banquete do Caldo celebrado este sábado en Santa María de Arzúa, Xosé Manuel Beiras entregaba a Luís Villares e a Quique Monteagudo o forcado do caldo.

Un ano máis, a Orde Caldaria celebraba o Banquete do Caldo, cita anual que vai pola 17 edición, na que os comensais teñen a oportunidade de darlle ao caldo a etiqueta que merece como elemento básica de Galicia e alimento fundamental para moitas familias galegas, sobre todo do rural.   

Monteagudo foi o encargado de dar o parzamique para posteriormente recibir, ao igual que Luís Villares, o forcado do caldo da man de Xosé Manuel Beiras. Tamén recibiron o forcado, entre outros, Chus Baleato, adestrador do CSD Arzúa, que se atopa na pelexa polo ascenso á terceira división e Aurora Varela, concelleira da corporación municipal.

O forcado do caldo é unha especie de madeira torneada que representa un anaco do forcado do caldo co que antigamente se remexía ese alimento tan característico de Galicia. A peculiaridade máis importante dese presente é que leva gravada unha frase do parzamiqueiro.

A xornada, que comezou á hora de xantar, prolongouse cse ata a noite, nun ambiente lúdico pensando xa na vindeira edición.   

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies