O candidato do PP en Andalucía pregunta a unha vaca se votará ao Partido Popular

Juanma Moreno tenta coñecer o sentido do voto dunha vaca nun acto de campaña en Rute (Córdoba).

A campaña electoral do PP ás eleccións andaluzas do vindeiro domingo está deixando unha morea de imaxes curiosas que non pasan desapercibidas nas redes sociais. A última protagonizada polo candidato Juanma Moreno nunha visita a Rute (Córdoba) aproveitando que se atopaba nunha explotación gandeira para pedir o voto a unha vaca. “¿Tú vas a votar al PP o no? Di que sí, hombre” bromeou co animal.

Acompañando ao discurso identitario emitido polo líder nacional do PP Pablo Casado, o candidato ás andaluzas convertese no animador desta campaña, xa que comezou esta cun surrealista vídeo inspirado na saga de Star Wars, onde aseguraba que a forza estaba con él para gañar as eleccións andaluzas. Días despois rematou o seu mitin na Feira de Torremolinos (Málaga) interpretando dúas cancións: “Sabor de Amor”, de Danza Invisible e “Cuando brille el sol”, de La Guardia.

Nestas derradeiras xornadas da campaña electoral onde os partidos políticos tentan botan o resto, o candidato do PP, Juanma Moreno, fiel ao seu estilo, seguro que deixa momentos curiosos.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies