Antón Gómez-Reino durante unha intervención no Congreso // Imaxe: http://congreso.enmarea.gal/

Gómez-Reino gaña o pulso a Bescansa e será o novo líder de Podemos Galicia

Recibiu 1710 dos 3.172 votos emitidos, un 53,91% dos sufraxios.

Antón Goméz-Reino proclamouse vencedor das primarias en Podemos Galicia e liderará a formación. O coruñés impúxose á compostelana Carolina Bescansa por un marxe de 310 votos (1.710 fronte aos 1400 de Bescansa) e liderará a formación morada no noso país. Antón Gómez-Reino convertiráse así no terceiro secretario xeral en Galicia despois de Breogán Riobóo e Carmen Santos. Ademais do liderazgo tamén se elixiu o consello cidadán que estará composto por 35 persoas dos que Podemos aínda non adiantou todos nomes (ver táboa ao final deste artigo) . No proceso participaron 3.172 persoas das aproximadamente 25.000 que ten inscritas Podemos en Galicia o que supón que menos dun 15% dos inscritos en podemos-Galicia participaron nas primarias.

Antón Gómez-Reino conseguiu reunir ao redor da súa candidatura a moitos sectores de Podemos e esa puido ser a clave da súa victoria. Primeiro integrou á terceira vía, un grupo de militantes de Lugo que ían presentar candidatura e tamén contou co apoio incondicional de sectores organizados de Esquerda Unida que tamén están inscritos en Podemos e que se gañou grazas á súa amizade con Yolanda Díaz. Aínda que Esquerda Anticapitalista oficialmente se mantivo á marxe do proceso polo dilema de Paula Quinteiro (que quería estar con Gómez-Reino pero non o podía facer polo apoio que recibiu de Carmen Santos no escándalo dos retrovisores) aínda que é un secreto a voces dentro de Podemos Galicia que estiveron traballando activamente pola candidatura de Gómez-Reino e contou tamén con apoios de Xeira, as xuventudes de Anova que se volveron determinantes para a súa ascensión ao poder.

Pola súa banda, fontes próximas a Carolina Bescansa indican que esta non se integrará na dirección da formación para que non existan dinámicas de goberno e oposición.

Segundo acto

O segundo acto das eleccións internas de Podemos pode trasladarse ao plenario de En Marea que se celebrará este sábado.

A máxima de Antón Gómez-Reino foi que Podemos Galicia ten que liderar a confluencia en Galicia e isto significa gañar o plenario e as próximas eleccións internas de En Marea onde se repetirá a colaboración con Anova que se fraguou na chamada Mesa de Confluencia onde se reuniron as forzas necesarias que tratarán de conseguir unha maioría que actualmente ostenta Luís Villares.

En Podemos ven esta operación crucial xa que a formación morada xa constituiu no mes de xuño a coalición coa que se presentarán en todo o estado: Unidas Podemos-Izquierda Unida-Equo e queren forzar que En Marea pase a subsumirse nela sen presentar as súas siglas por separado na papeleta.

 

Resultados da elección ao Consello Cidadán de Podemos-Galicia

Nome e apelidos
Puntos
% relativa
Posición
Verónica Hermida Longa 47843 (1553.34%)
Luca Chao Pérez 46149 (1498.34%)
Isabel Faraldo Calvo 43339 (1407.11%)
Cristina Laya Miguélez 43036 (1397.27%)
Marcos Cal Ogando 41186 (1337.21%)
José Manuel Pérez Afonso 39594 (1285.52%)
Natalia Prieto Fernández 36819 (1195.42%)
Paula Santiago Fernández 34533 (1121.20%)
María José Rodríguez Rosales 33762 (1096.17%)
Julia Torregrosa Sañudo 32538 (1056.43%) 10º
Victoria Álvarez Docabo 31387 (1019.06%) 11º
Andrea Obenza Pérez 31299 (1016.20%) 12º
Ramón Ruymán Núñez Infante 30771 (999.06%) 13º
Marlene Pérez Sánchez 29970 (973.05%) 14º
Borja San Ramón Tizón 29864 (969.61%) 15º
Genma Otero Uhía 29768 (966.49%) 16º
Oscar González Álvarez 29666 (963.18%) 17º
Sandra Armesto Baztán 28988 (941.17%) 18º
Paloma Manzano González 28619 (929.19%) 19º
Mª Antonia Trillo Blanco 27805 (902.76%) 20º
David Domenech Labandeira 26337 (855.10%) 21º
Raimundo Viejo Viñas 26160 (849.35%) 22º
Sigrid Campo Regueiro 26072 (846.49%) 23º

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies