Imaxe: https://twitter.com/UGT_Galicia

Enquisa de poboación activa: ‘emprego e precariedade camiñan da man’

A UGT valora os datos da EPA e reclama a derrogación das reformas laborais.

Para o sindicato, emprego e precariedade camiñan da man, polo que reclaman a derrogación das reformas laborais e uns orzamentos que deseñen “un plan de choque polo emprego digno e de calidade”.

A través dun comunicado, UGT manifesta que un trimestre máis, os datos da EPA amosan que, aínda que baixa o paro, “o emprego que se crea ten un carácter marcadamente estacional, precario e en moitos casos parcial”, pois “a taxa de temporalidade está de novo en valores elevadísimos, 11.100 asalariados teñen contratos que duran menos dun mes, a taxa de parcialidade involuntaria xa acada en Galicia os 56,6 puntos, etc.

En base a isto, UGT-Galicia considera que chegou o momento de que “as administracións, o Goberno central e a Xunta encaren o problema do emprego xa non só dende unha perspectiva cuantitativa, senón  dende un punto de vista cualitativo”, pois segundo refiren, “urxe apostar por emprego digno e de calidade para todo, que permita aos traballadores e ás súas familias vivir nunhas condicións dignas”. Para abrir ese camiño cómpre “derrogar as reformas laborais impostas, tanto a de 2010 como a de 2012, e implantar e desenvolver de xeito inmediato medidas que persigan a temporalidade inxustificada, o tempo parcial ficticio, os falsos autónomos, as horas extras non pagadas e as desigualdades no traballo”. 

Dende o sindicato insisten na necesidade de “deseñar uns orzamentos para 2019 que prevean un auténtico plan de choque polo emprego, que contemplen políticas activas de emprego dende o público, así como a mellora da protección das persoas, tendo como obxectivo a creación de emprego de calidade e con dereitos”.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies