Rolda de prensa da Secretaría Xeral de Igualdade // Imaxe: https://twitter.com/igualdadenarede

A Xunta gastará 200.000 € para publicitar o Día contra a Violencia de Xénero

A Secretaría Xeral da Igualdade ven de presentar a campaña “Fronte á violencia de xénero so cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. Non”, para o Día internacional contra a Violencia de xénero, campaña na que a Xunta gastará 200.000 €.

Catro días despois de que a Secretaría Xeral de Medios adxudicase a campaña a “C. Grupo de Empresas de Comunicación Marketing e Investigación SA”, a Secretaría Xeral de Igualdade presentaba a campaña.

“Un total de 60 spots na Televisión de Galicia, preto de 500 cuñas en todas as radios galegas, 31 anuncios na prensa, máis de dous millóns de banners e un cento de carteis en valados por toda Galicia”. Así anunciaba a Xunta a campaña para publicitar o Día contra a Violencia de Xénero que levará a cabo a través dos medios de comunicación. Unha publicidade nos medios, que recibirán as grandes familias mediáticas de Galicia, cun custe elevado, 200.000€, 2000€ máis que a campaña do pasado ano.  

Trala polémica suscitada co cartaz do ano pasado, “O máis grande de Galicia non se maltrata”, no que se presentaba ás mulleres galegas como “xigantes” que se sobrepoñen a todas as adversidades, moi criticado polos grupos da oposición e as entidades sociais, que pediron a súa retirada por representar a cousificación das mulleres, este ano a Xunta apostou por un lema sen fotografías. 

A campaña deste ano custa 2000€ máis que a do ano pasado, que custara 196.078,43€, e ten un custo 2,5 veces maior que a de fai dous anos, cando a Xunta repartira 80000€ entre os medios de comunicación para lanzar a campaña. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies