Gabriel Rufián e Antón Gómez-Reino discuten na entrada da Comisión do Accidente de Angrois

Antón Gomez-Reino chama pallaso a Rufián e arma unha boa nas redes

O deputado de ERC denunciou en Twitter que o deputado Antón Gómez-Reino o increpou mentres estaban a negociar a presenza da eurodeputada Ana Miranda como público na comisión de investigación do accidente de Angrois.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, solicitara formalmente ao presidente da Comisión a súa asistencia como público á comparecencia pero finalmente o PP e o PSOE vetaron a súa presenza e foi obrigada a observar a comparencia dende outra sala. 

O deputado de ERC, Gabriel Rufián, desvelou un video no que estaba a negociar con Antón Gómez-Reino a presenza da eurodeputada como público na comisión de investigación durante a comparecencia do xefe de Seguridade Ferroviaria da ERA. No video, o recén elixido secretario de Podemos Galicia, indica que lle da igual que Ana Miranda estea presente ou non. A indeferencia de Gómez-Reino foi afeada por Rufián: “Esos dos señores que callan delante son de En Marea. Gallegos. Uno de ellos Antón Gómez-Reino me acabará llamando payaso”.

 
Guerra aberta no Twitter

Os chíos de Rufián no Twitter provocaron un grande impacto con máis de catro mil persoas falando sobre o acontecido. Antón Gómez-Reino tivo que respostar as acusacións de Rufián. “El protagonismo de la Comisión del Alvia es, debe ser de las victimas y de la verdad. Nunca de ningún político. Por respeto no participaré nunca del espectáculo y la provocación. Por honor a la verdad aclararé: votamos, obvio a favor de la presencia de la compañera Ana Miranda.”

A actitude do líder de Podemos-Galicia foi afeada por moitos usuarios de Twitter por interpoñer ás víctimas no medio dunha polémica que el mesmo axudou a crear. Segundo figura na ficha de intervencións no congreso dos deputados de Antón Gómez-Reino, soamente estivo presente nunha sesión da comisión, precisamente na do día de onte cando se xerou a polémica con Gabriel Rufián e Ana Miranda. Quen acude habitualmente a esa comisión por parte de En Marea é Alexandra Fernández que conta con case unha veintena de participacións polo que houbo algún usuario de Twitter que lle afeou a Gómez-Reino que fora a primeira vez que acudira a esa comisión de investigación.


 

Defensa do líder de Podemos-Galicia

Ante a polémica suscitada pola difusión do video publicado por Rufián, os socios de Antón Gómez-Reino en Galicia sairon na súa defensa. Trátase dos actores que compoñen a mesa da confluencia que impuxeron as súas teses no plenario de En Marea celebrado a finais do pasado mes de outubro e que se espera que conformen unha lista opositora á actual dirección.

O coordinador de Anova, Raúl Asegurado, saiu en defensa do secretario xeral de Podemos-Galicia: “Gabriel Rufian agardamos menos inxerencias na política galega, desde Anova e En Marea respeitaremos sempre a soberanía catalá, porque somos republicáns. Nin Fernán Vello nin Antón Gómez-Reino dixeron-fixeron nada contra ti nin Ana. Importan as vítimas do Alvia. @Esquerra_ERC MAL!”. O chío foi retwiteado polo voceiro da formación e deputado no Parlamento Galego, Antón Sánchez.

Tamén Antón Dobao, membro da coordinadora nacional de Anova, saiu en defensa do líder de Podemos en Galicia: “Cando se xoga á representación, importa sempre máis o espectáculo ca a propia vida das persoas. A iso xogou, con bastante pouca clase, o deputado Rufián contra os dous deputados de En Marea. E os suxeitos subalternos miran. Ninguén se engana constantemente de inimigo”.

A visión das vítimas

As vítimas do accidente do Alvia amosáronse escandalizadas. Nun chío de Twitter expresaron a súa indignación porque o regulamento das cortes do estado impida a entrada de eurodeputados e lembran que, no seu día, tamén se vetou a proxección do documental Frankenstein 04155 e contrastan que no parlamento Europeo fíxose sen ningún problemas. Tamén deixaron unha pregunta no aire: “Por que será?” á vez que tamén reflexionan “Esto si se permitió: La sombra de la tercera autoridad del Estado, Ana Pastor, se hace sentir en la Comisión: “A lo mejor esta mañana hablé de demasiadas cosas” dice el jefe de la investigación de Angrois obligado a rectificar”.

One thought on “Antón Gomez-Reino chama pallaso a Rufián e arma unha boa nas redes

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies