En Marea quere ser o garante de que Ence marche da ría

Iris Malvido, candidata de En Marea pola provincia de Pontevedra avogou pola saída de Ence da ría.

En Marea presentou a súa candidatura en Pontevedra o martes 2 de abril e unha das liñas da súa campaña é que Ence abandone a ría de Pontevedra.

“É importante que En Marea estea en Madrid, porque será garantía de que a Ence non se lle conceda ningunha prórroga máis. Querémola fóra da ría, e así o defenderemos”, asevero a Iris Malvido, cabeza de lista da formación confluente na provincia de Pontevedra.

A formación xa esixira no mes de xullo que o PSOE cumpra dende o goberno central o compromiso público coa retirada de Ence-Elnosa da Ría de Pontevedra.

En Marea lembra ademais que a prórroga aprobada polo goberno de M. Rajoy resultaba inaceptable e que supón desoír os mandatos xudiciais existentes que instaban á administracióna incoar o expediente da caducidade da cesión dos terreos e tamén lembraba que a Xunta de Galicia saltouse xa a legalidade tendo incluso sentenzas en contra sobre a autoización ambiental irregular.

Presentación da candidatura

Da precaria realidade laboral e socioeconómica da mocidade tamén falou a candidata por Pontevedra ao Congreso. Iris Malvido destacou a necesidade de potenciar a industria como motor social e económico para o conxunto de Galicia, e máis concretamente da área metropolitana viguesa. A cabeza de lista comprometeuse coa defensa “dun sistema público que defenda pensión dignas, sanidade e educación de calidade e gratuítas”. Tamén fixo unha “aposta clara pola mocidade e polas mulleres. Estamos ante un escenario cunha destrucción do emprego bestial, cunhas taxas de temporalidade insostibles, e con salarios, sobre todo para as mulleres e mozas, moi por debaixo do salario mínimo interprofesional. E as causas son a deixadez de persoas que levan na política máis anos dos que eu levo viva sen facer nada pola provincia de Pontevedra. Pero tamén as reformas laborais do PP e do PSOE, que están a provocar que sexa imposible construír emprego de calidade e futuro para a industria”, indicou Malvido. Que presentou a candidatura de En Marea como “a única alternativa ao bipartidismo á que as estadísticas están dando representación. Somos a única alternativa pola defensa dun futuro, para a xeración de riqueza, para a educación, a sanidade, as pensións e o emprego”.

O número dous ao Congreso por Pontevedra tamén falou da necesidade de trabalar para ampliar os dereitos das galegas e galegos. “Presentamos unha candidatura para traballar pola recuperación dos dereitos perdidos e pola consecución dos que aínda non temos conquistados”, indicou Manuel González Moreira. Que puxo o foco nos obxectivos de xustiza social, igualdade real, fiscalidade xusta, solidaria e redistribuiva que garanta unha renda básica, educación e políticas públicas de atención á dependencia, defensa dos dereitos LGTBIQ e acceso a unha vivenda diga.

Moreira falou tamén de sanidade, e reivindicou a defensa de En Marea por un sistema “público e universal, gratuíto e de calidade. Financiado cun sistema impositivo xusto, no que pague máis quen máis ten. Unha sanidade equitativa que garanta un acceso universal, algo que no noso país precisa dun esforzo extra debido á dispersión poboacional”, indicou o candidato. Que expresou o total respaldo de En Marea á folga convocada na atención primaria e reivindicou a aposta desta formación por derrogar a Lei 15/97 e o Real Decreto Lei 16/2012, que abriron a porta á privatización, posibilitaron os copagos e fragmentaron a carteira de servizos da sanidade pública.

Pola súa banda, a cabeza de lista por Pontevedra ao Senado, Mari Camiña, puxo o foco na necesidade de protexer o medio ambiente e os numerosos espazos naturais singulares existentes no territorio galego.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies