A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON esixe a dimisión do director Xeral de Enerxía e Minas

Despois de coñecer que o Director Xeral de Minas, Anxo Bernardo Tahoces foi imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental, a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON esixe a súa dimisión.

Tahoces terá que declarar tras ser imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental en relación co explotación mineira de San Finx, no municipio coruñés de Lousame.

En Touro afirman coñecer ben a súa “mala fama no desempeño dos seus diversos cargos como directivo da Xunta”, pois, aseguran “xa a principios de 2001 soubemos da súa pésima xestión da crise das vacas tolas como Secretario Xeral de Industria, algo que en Touro tamén sufrimos, pois o xa por aquel entón alcalde, Ignacio Codesido, tivo a flamante idea de ofrecer a antiga mina de Touro como lugar ideal para enterrar as reses mortas”. Tamén se relacionou con irregularidades na mina de Corcoesto en 2013, e agora o caso da mina de San Finx, “no que Tahoces decidiu aprobar a apertura da mina sen un previo estudo de impacto ambiental e eludindo as responsabilidades polo estado das balsas da antiga mina, cargadas de metais pesados potencialmente canceríxenos.    

Dende a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON esixen a dimisión inmediata do Director Xeral de Minas asegurando que “as nosas casas, os nosos ríos e os nosos medios de vida, sustentables, non poden estar en mans dunha persoa imputada por prevaricación ambiental”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies