Imaxe: Twitter Sandi

Novas sancións ao persoal por parte da dirección da CRTVG

A dirección da CRTVG ven de sancionar a outro traballador crítico coa dirección.   

Uns días despois do arquivo do expediente á xornalista Tati Moyano, que dimitira para denunciar o control informativo na canle pública e reivindicara ante o presidente da Xunta as protestas dos venres negros polo cumprimento da lei de medios, sendo expedientada por empregar o servizo de maquillaxe da canle para presentar unha gala benéfica contra o cancro, a CRTVG abría outro expediente ao locutor Carlos Jimenez, desta volta por unha presunta incompatibilidade despois de locutar nun programa elaborado por unha produtora e emitido pola TVG, labor que levaba feito en diversas ocasións.    

Despois das múltiples mostras de apoio do persoal da CRTVG, considerando o expediente unha “represalia” pola súa coñecida significación a prol dos medios públicos, a sanción, suspensión de emprego e soldo de nove días por unha falta grave, foi coñecida no 46 venres negro.   

Carlos Jimenez manifestou a súa intención de acudir á xustiza, polo que so sería sancionado en caso de que a sentenza lle dea a razón á CRTVG. “Intentan amedrentar e empregan estes expedientes para ir contra aqueles que se mobilizan e que non calan; será a xustiza quen decida agora quen ten razón, pero a CRTVG pode estarse metendo nun problema maior” aseguran fontes sindicais. Reseñan, dende o colectivo a proliferación de apoios a Defende a Galega tras coñecerse o recordatorio por parte da dirección dunha circular sobre a indumentaria que o persoal debe lucir diante e detrás das pantallas, o que se ve como un intento de acalar os venres negros.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies