Imaxe: Twitter En Comun Podemos

Un partido pantasma barcelonés, 4º membro da coalición En Común Podemos

A coalición de Unidos Podemos en Galicia, En Común Podemos, conta entre os seus membros co partido pantasma “Mareas en Común”, sen afiliados nin actividade política e con sede en Barcelona.

En Común-Unidas Podemos (Podemos-EU-Mareas en Común- Equo) é a marca coa que oficialmente figura a coalición entre Podemos e Esquerda Unida nas candidaturas ao Congreso e Senado para as eleccións xerais do 28 de abril polas provincias galegas.

Os partidos que acordaron ir en coalición foron Podemos, EU e Equo, xa que Anova decidiu non presentarse ás xerais ao non garantirlle posto de saída en Pontevedra. A candidatura leva “Mareas en Común” a pesares de non ser un partido que acordase a colaición, polo que semella que o obxectivo desa inclusión era apropiarse da plataforma que deu orixe a En Marea na asemblea de Vigo do 2016, impulsada por Beiras e os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol e da que tamén formaban parte Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, agora candidatos de En Común Podemos pola Coruña e Pontevedra. Ambos, nos seus discursos, inclúen como apoios en reiteradas ocasións aos “alcaldes do cambio” e a Marea Atlántica, Compostela Aberta, etc, pese a non manifestarlles estes un apio expreso, do mesmo modo que fan referencia á súa labor destes anos, como deputados de En Marea no Congreso, cando agora se presentan por outra formación tras escindirse de En Marea, como un xeito de tentar confundir á xente, e que os sigan vencellando coa “marea”, mesma motivación que a que agocha empregar “Mareas en Común” na denominación da formación. 

O partido “Mareas en Común” foi creado o 27 de Agosto de 2018, coincidindo no tempo coa “mesa de confluencia” creada por de Martiño Noriega, alcalde do Concello de Santiago de Compostela, que perseguía recuperar o control de En Marea por parte dos partidos da coalición de 2015. Segundo fontes consultadas este movemento tiña por obxectivo que unha vez tomado o control de En Marea por parte dos partidos, a marca “Mareas en Común” aglutinase ás candidaturas afíns aos partidos nun paraugas alternativo ao de En Marea nas vinceiras eleccións municipais.

A pesar de que a estratexia non puido levarse a cabo, ao perder a lista de críticos as eleccións internas e non poder facerse co control do partido instrumental, Podemos Galicia e Esquerda Unida decidiron incluír tamén este partido pantasma dentro da coalición En Común Podemos, que concorre ás eleccións xerais do 28 de abril, algo que lles permite mesturar a palabra “mareas” dentro da papeleta electoral.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, cuestionado por isto respostou ironicamente aducindo que “se tanto lles gusta a marca, non se entende que deixaran o partido instrumental”. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies