Imaxe: Twitter Ourense Mellor

Refrendada a candidatura encabezada por Etelvino Blanco ao concello de Ourense

Durante esta fin de semana tiveron lugar as primarias da plataforma cidadá Ourense Mellor para as eleccións municipais de maio. A única candidatura presentada, encabezada por Etelvino Blanco, obtivo o 99% dos apoios.

Das 313 persoas inscritas ata este domingo 31, exerceron o seu dereito ao voto o 45%, sendo todos os contabilizados votos de apoio á candidatura presentada e 1 voto en branco.

O voceiro e cabeza de lista da plataforma, quixo destacar en declaracións tras coñecer o resultado, tanto o alto índice de apoio e a participación como o perfil social e humano do conxunto da candidatura, con participación de persoas de diferentes plataformas da cidade, como a plataforma Procap, Sanidade, Pro Campus, Plataforma en defensa do monte galego, etc, así como diferentes persoas con experiencia institucional e referentes en diversos ámbitos da socidade ourensá.

Etelvino Blanco volveu facer un chamado sen condicións aos resto de forzas políticas de esquerda da cidade, para sentarse a falar de todo e confluir nun único espazo para poder entrar con forza no concello e non permitir que gobernen as dereitas: “ata o último día de prazo legal, desde a propia candidatura ata o programa, todo pode ser modificado en aras de chegar á tan necesaria unidade da esquerda en Ourense. O importante é mellorar a vida das e dos cidadáns de Ourense, non os nomes ou as siglas, e para iso, desde a humildade, pero con contundencia, Ourense Mellor estará aí”.

A plataforma seguirá nos próximas días traballando en sumar apoios tanto individuais como colectivos ao proxecto, así como mantendo conversas con outras organizacións e colectivos da provincia para aunar esforzos que permitan obter representación na Deputación Provincial e poder expulsar a Baltar do Pazo.

Candidatura:
  1. Etelvino Blanco Rodríguez
  2. Iolanda Pérez Docampo
  3. Xosé Manuel Pérez Bouza
  4. Clara Luz Rodríguez Montero
  5. Millán Brea Castro
  6. Josefa Martínez Novoa
  7. Marco Valerio Lama Del Corral
  8. Eva Gutiérrez Fernández
  9. Luís Miguel Fernández
  10. María del Sol Pérez Ogando
  11. Xosé Luís Álvarez Prieto
  12. Sabela Bóveda Hermida
  13. Pablo Manzano Iglesias
  14. Rosa María Conde Seguín

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies