Lectura pública da Declaración dos Dereitos Labregos da ONU en Galicia

O Sindicato Labrego Galego convocou aos principais movementos sociais de Galicia para facer unha lectura pública da Declaración dos Dereitos Labregos da ONU.

O domingo, 31 de marzo, o SLG realizou unha lectura pública da Declaración dos dereitos dos labregos e das labregas e outras persoas que traballan nas zonas rurais, que foi aprobada definitivamente o 17 de decembro de 2018 pola Asemblea Xeral da ONU en Nova York.

O acto tivo lugar no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, e nel participaron figuras públicas e representantes de organizacións e colectivos destacados na defensa da terra e dos dereitos humanos en Galicia.   

Para o SLG, esta Carta de Dereitos Labregos supón “a primeira conquista global do campesiñado, resultado dun duro traballo de case dúas décadas liderado por La Vía Campesina”, movemento internacional do que forma parte o SLG.

Alén do seu valor simbólico, aseguran, “esta Declaración de Dereitos Labregos pode ser unha ferramenta extraordinaria para pedir contas e esixir cambios nas políticas dos gobernos de todos aqueles países que son membros da ONU en todas aquelas loitas nas que se vulneren os dereitos do campesiñado agora recoñecidos”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies