O zasca dunha rapaza de 4º da ESO á deputada Guadalupe Murillo Solís
Unha rapaza de 4º da ESO afea a actitude da deputada polo grupo parlamentar do Partido Popular por Pontevedra.
A través dun fío en Twitter, unha rapaza de cuarto da ESO criticaba como Guadalupe Murillo Solís desprezaba o feminismo, pois segundo relata, “ao explicarnos que era a primeira muller presidenta dun club de fútbol en Galicia, engadiu os animo a relevarme, pero tanto hombres como mujeres, eh, AQUÍ NO SOMOS FEMINISTAS, SOMOS NORMALES. Queremos la igualdad”.
A rapaza, manifesta “a despectividade ao pronunciar a palabra feminista foi brutal. Deime a volta e fun ao final do grupo. Indignada e cabreada”.
"Os animo a relevarme, pero tanto hombres como mujeres, eh, AQUÍ NO SOMOS FEMINISTAS, SOMOS NORMALES. Queremos la igualdad".
A despectividade ao pronunciar a palabra "feminista" foi brutal. Deime a volta e fun ao final do grupo. Indignada e cabreada.@anaponton @obloque @En_Marea— . (@anxnimmx) February 26, 2019
Rapazas que nos visitaron onte durante o pleno do Parlamento dándonos máis razóns para que este #8M saiamos ás rúas https://t.co/Mb0LKCi8Rt
— Paula Vázquez Verao (@paulaverao) February 27, 2019