Noa Presas nunha comparecencia // Imaxe: https://www.bng.gal

O BNG reclamará recursos nos orzamentos de 2019 e a recuperación de Montealegre como centro público.

A deputada do BNG por Ourense, Noa Presas participou da delegación de deputados e deputadas que visitaron na tarde do pasado mércores as instalacións dos centros de menores Monteledo, Montealegre e Montefiz.

Asegura a deputada que puideron comprobar de primeira man durante a visita as moitas melloras que precisan as instalacións para adaptarse ao que debe ser unha infraestrutura deste século, enfatizando o seu agradecemento “pola visita e o trato dispensado polo persoal”, do que manifesta non dubidar “o máis mínimo do seu bonfacer e compromiso”. 

Dende o BNG comprométense a emendar os orzamentos de 2019 “en caso de que non haxa unha partida específica e suficiente”, á vez que seguirán reclamando que se recupere a xestión pública do centro de protección de menores Montealegre, pois “non existe ningunha razón que xustifique a súa privatización despois de telo pechado 6 anos e investir máis de 1,6 millóns de euros”. Tamén continuarán insistindo na necesidade de “estabilizar unha liña de investigación coa universidade, nomeadamente o campus de Ourense, unha relación que vaia máis alá de cuestións puntuais e de prácticas”.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies