Nova Xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico na categoría masculina

O equipo ourensán, Auriense F.G., recibe a visita do Cambados F.G. na terceira xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

O domingo, ás 16:30h no Campo da Universidade, o equipo ourensán agarda continuar coa boa xeira de resultados, e sumar a terceira vitoria consecutiva ante un rival que chega na clasificación nos últimos postos, e con numerosas baixas respecto ao ano pasado.

“De novo, unha oportunidade para traballar a táctica e mellorar o aspecto físico, agardando os vindeiros choques xa contra rivais da parte alta da táboa, onde mediremos as aspiracións do Auriense na tempada 2018-2019”, aseguran.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies