Rolda de prensa ofrecida por En Marea // Imaxe: https://twitter.com/En_Marea

Luís Villares di que “En Marea non é unha organización satélite de Podemos” e esixe a axenda galega

O voceiro da organización rupturista amosa o total disenso coa proposta de eliminación do voto rogado que defende Unidos Podemos.

Luís Villares esixiu ao goberno central que as demandas de En Marea para Galicia, entre as que figuran a transferencia da AP-9, a condoación da débeda dos portos e a recuperación do Pazo de Meirás deben estar “concretadas” nos orgamentos do estado do próximo ano para que os deputados da formación no congreso respalde a aprobación dos orzamentos xerais do estado.

Na rolda de prensa indicou que para que o voto dos cinco paralementarios de En Marea sexa favorable á proposta de Pedro Sánchez “non chega con prometer” senón que os puntos principais do que denominou como “axenda galega do cambio” deben figurar de xeito específico nos orzamentos propostos polo PSOE e mandoulle un recado aos socialistas indicando que “non chega con prometer” esixindo que as demandas de En Marea deben figurar no papel nas contas do próximo ano para que os representantes da súa formación lle dean o respaldo ao goberno para sacar adiante as contas públicas para o ano 2019.

Voto rogado

O voceiro de En Marea tamén criticou duramente a reforma electoral que acordarou Unidos Podemos co PSOE a cambio do apoio da formación morada aos orzamentos. Luís Villares indicou que “non ten en conta a realidade galega” e indicou que no caso de levarse a cabo esta contrarreforma quedarían se dereito a voto “os mariñeiros e tamén os xóvenes que tiveron que deixar o noso país nos últimos dez anos” e, pola contra, daríalle a oportunidade de votar fora de urna a emigrantes de “cartas xeracións que incluso perderan a nacionalidade” e concluiu indiando que esta reforma abriría a porta a que “volva a fraude electoral”.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies