Imaxe: https://twitter.com/UGT_Galicia

UGT lembra que en Galicia a taxa de risco de pobreza ou exclusión social xa se sitúa no 22,6%

Co gallo da conmemoración, o 17 de outubro, do Día Internacional para a erradicación da pobreza, dende o sindicato amosan a súa preocupación pola pobreza laboral, insistindo en que “non se pode seguir apelando á crise para xustificar políticas antisociais” e apostando por “impulsar un sistema de protección social que garanta oportunidades para tódalas persoas”.

Aseguran que a política salarial “de depredación”, da que urxe saír, na que se ven inmersos milleiros de traballadores leva a unha perda continua de poder adquisitivo. As estatísticas tamén amosan que o 12% da poboación galega vive en fogares con baixa intensidade no traballo, o que para UGT-Galicia é consecuencia de que “a precariedade, temporalidade e parcialidade do mercado laboral non permiten manter unha vida laboral estable, sostida no tempo e de calidade”.

Para María Isabel González, Secretaria de Políticas Sociais, “urxe unha mellora das prestacións por desemprego e un plan de emprego de choque para impulsar a contratación laboral e o emprego, especialmente, dos colectivos en peores condicións”, todo elo, asegura “esixe profundas e continuas transformacións en ámbitos cruciais da actividade económica e laboral, e aumentar as capacidades de actuación públicas, reformando a fiscalidade con actuaciónsde ingreso e gasto público que inflúan decisivamente sobre o modelo económico e de sociedade, sendo unha ferramenta esencial para lograr unha redistribución xusta e equitativa da renda e do benestar”

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies