HazteOir cuestiona a violencia de xénero con imaxes de Hitler
HazteOír emprega unha imaxe de Hitler e a mensaxe #StopFeminazis nun autobús, para cuestionar a violencia de xénero na véspera da folga feminista do 8M.
O novo autobús da asociación ultracatólica HazteOír comezou a circular por Madrid e centra a súa crítica no feminismo e na Lei de Violencia de Xéreno. HazteOír, coñecida pola súa posición en contra do colectivos LFTBI, pretende con esta nova campaña lanzar unha mensaxe aos líderes das dereitas para que derroguen as leis de xénero. No bus pódese ler impreso “as leis de xénero discriminan ao home. Casado, Rivera, Abascal: derroguade as leis de xénero”.
Nesta campaña, empregan a figura do ditador da Alemania nazi, Adolf Hitler, debuxado coa cara maquillada e co símbolo feminista na gorra.
O Govern, a través do Instituto Catalán de las Mujeres, ven de denunciar ante o servizo especial de delitos de odio e discriminación da Fiscalía Provincial de Barcelona ao autobús “antifeminista” de HazteOír para que se lle prohiba a circulación pola cidade de Barcelona, ao considerar que a iniciativa pode incurrir “nun delito de odio e discriminación por razón de sexo”.
Las leyes de género discriminan al hombre @pablocasado_ @Albert_Rivera @Santi_ABASCAL Derogad las leyes de género. #HOBus pic.twitter.com/DZDWS4KaUx
— HazteOir.org (@hazteoir) February 28, 2019