Imaxe: Facebook En Marea

Unidos Podemos consuma a ruptura con En Marea

O proceso de primarias de En Marea pechaba onte o prazo de presentación de candidaturas sen a participación do sector crítico coa dirección, constatando a rutura da cúpula de Podemos con En Marea.

A través dun comunicado, o Comité Electoral, órgano encargado de velar polo correcto desenvolvemento do proceso de primarias que englobará a elección de candidatos para as eleccións xerais do vindeiro 28 de abril, así como ás europeas do 26 de maio, ven de comunicar que foron 9 as listas que se postularon para participar: 4 listas para o Congreso, 4 para o Senado e 1 para o Europarlamento.

Polas características destas eleccións, cada provincia presenta lista para Congreso e Senado, correspondéndose así coas respectivas circunscricións ás que representan, sendo a das europeas de ámbito nacional, polo que as 9 listas englòbanse, simplificando, nunha mesma candidatura.  

Segundo explican no comunicado, “ábrese agora un prazo de 2 días, que rematará o sábado ás 23.59h, para posibles subsanacións de erros. A partir de aquí, as candidaturas serán anunciadas polo propio Comité o vindeiro luns día 4 de marzo, dando así inicio á campaña electoral que se alongará ate o xoves 7 de marzo”.

Agora, indican, “será cometido do conxunto das inscritas darlle forma e orde ás candidaturas que conformarán finalmente as ondas do cambio nos vindeiros comicios”.

Conclúen expresando que “o Comité Electoral alédase dos esforzos das inscritas da organización para lograr listas de unidade popular e confluencia que garantan, sexa cal sexa o resultado do proceso, unha defensa dos intereses das galegas”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies