Toni Cantó: “Es un hecho que el castellano ha desaparecido en Galicia”

O deputado de Ciudadanos terxiversa a realidade lingüística e indica que é un feito que o castelán desapareceu en Galicia.

Toni Cantó, sen ningún tipo de rubor, fixo un discurso totalmente contrario á realidade das linguas en Galicia. “El castellano ha desaparecido en lugares como Cataluña, Baleares, la Comunidad Valenciana, el País Vasco o Galicia”, “Es un hecho que nadie puede negar” son as frases que pronunciou no Congreso dos Deputados este mércores 26 de setembro.

Evolución da lingua inicial // Fonte: RAG

Todos os estudos de todos os organismos tanto da Xunta de Galicia como dependentes do estado indican o contrario ao descurso supremacias de Toni Cantó nas cortes dirixido a votantes das zonas exclusivamente casteláns do estado que descoñecen a realidade lingüística de Galica, Cataluña e Euskadi e onde trata de buscar enfrontamentos mediante a manipulación da realidade.

O informe Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992 – 2016 indica todo o contrario e advirte de que a evolución da lingua inicial nos galegos de 15 ou máis anos en Galicia desde 1992 a 2013 e a súa correspondencia cos resultados das enquisas do Centro de Investigacións Sociolóxicas “tendencia á bilingüización e monolingüización cara ao castelán” na sociedade galega desde os anos 90.

As reaccións nos grupos políticos e nas redes sociais en seguida ridiculizaron os postulados do deputado de Ciudadanos:

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies