Así vai ser a nova Vespa Eléctrica

Ademais de nos concesionarios a moto venderase por internet a través dunha web exclusiva e cun sistema de venda e financiación novidosa

A Vespa Elettrica está actualmente en producción nas factorías de Piaggio e, segundo se prevé, estará á venta xa en outubro e disporá dun motor totalmente eléctrico e, polo tanto, limpo e non emitirá ruído.

A chegada do novo modelo traerá novidades como novos sistemas de interconexción da moto co seu condutor e aplicacións que se poderán descargar no teléfono móbil para interactuar co vehículo.

A motocicleta contará cun motor eléctrico que chegaría ao 4 kW de potencia máxima e equiparía unha batería que prevé ofrecer unha autonomía duns 100 quilómetros e que se recargaría en tan so catro horas. Piaggio informou que a batería admitiría ao redor de 1.000 ciclos de carga o que lle daría uns 70.000 quilómetros de vida útil que se traduciría nun 10 anos de uso antes de ter que cambiala.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies