Fonte: Facebook // Ángel Martínez Cid

Espectaculares imaxes da tormenta que azotou Ourense

Caeron 15 litros por metro cadrado en apenas 10 minutos e isto provocou inundaciones e riadas en varias rúas e barrios da cidade

Este sábado unha forte tormenta sorprendeu a propio e estraños en Ourense. Foi pasadas as 18:30 da tarde no momento e que se desatou a tormenta que produciu unha manchea de incidentes que procaron que os servizos de emerxencias tiveran que actuar en varios puntos da cidade e nas localidades veciñas.

A grande cantidade de auga que caeu durante a hora aproximada que durou a chuva inundou os accesos ao centro comercial Carrefour que provocaron que varios coches tiveran que parar a circulación xa que o nivel de auga superaba o metro de altura. O mesmo aconteceu noutros pasos subterráneos de cidade como o de Ervedelo por onde pasa a Nacional 525.

Segundo informou Meteogalicia a tormenta provocou unha gran intensidade eléctrica que rexistrou a caída de case 2000 raios en toda Galicia dos que máis de 50 caeron na cidade de Ourense. O fenómeno meteorolóxico foi tan pronunciado que provocou a baixada repentina de máis de trece graos mentres acontecía. Pasouse dende os máis de 30 graos ata uns 17.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies