Manifestación contra a mina de Touro-O Pino // Imaxe: https://twitter.com/APRAFOGA

Concentración da plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON

A plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON realizará unha concentración cívica este domingo, 18 de novembro, ás 12:30 horas, na entrada da alameda de Santiago.

Este domingo celebrarase a citada concentración cívica en repulsa á pretendida reapertura da mina de cobre de Touro-O Pino. O acto terá lugar á entrada da Alameda compostelá, debaixo da pancarta instalada alí co lema “Non á mina de Touro-O Pino. Pedimos respecto”. 

Á concentración están convidados, segundo informou a plataforma, “a veciñanza de santiago, as asociacións veciñais, culturais e sociais compostelás e todos os grupos da corporación municipal, por canto a reapertura da mina de cobre a ceo aberto afectaría moi gravemente á calidade de vida e á saúde da cidadanía, ao medio ambiente e, tal como denunciou ecentemente ICOMOS, órgano asesor da UNESCO, ao propio Camiño de Santiago. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies