Rolda de prensa realizada pola Plataforma contra a mina na Libraria Couceiro

As plataformas contra a Mina de Touro reiteran a súa inviabilidade

As plataformas Mina Touro-O Pino NON e Pola Defensa da Ría de Arousa reiteran a inviabilidade do proxecto mineiro e denuncian o desleixo da Administración na súa obriga de protexer os elementos patrimoniais afectados, tal e como recolle o informe de ICOMOS.  

Na rolda de prensa na que reiteran a inviabilidade do proxecto mineiro de Cobre San Rafael, participaron tanto as plataformas como unha representación do concello de Santiago e de diversos colectivos que apoian o rexeitamento ao proxecto.

Estas organización fan público novamente o seu descontento e preocupación polas irreversibles consecuencias que o proxecto de reapertura da Mina de Touto-O Pino tería para o Camiño de Santiago e outros elementos do patrimonio histórico e cultural dos concellos afectados, de ser aprobado pola Xunta.

No que lle compete á Xunta, aseguran, “a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia tamén é clara ao establecer un réxime específico de protección dos Camiños de Santiago e indicando que as obras e actividades no ámbito delimitado destes deben ser compatibles coa conservación e coa protección dos seus valores propios”.

ICOMOS, pola súa banda, ven de unirse á loita contra a Mina e deixar moi claro que este proxecto “non é posible, non é compatible e non é sustentable cos nosos medios de vida nin co noso patrimonio”, para o que lle lembra ás administracións competentes que a destrución dos bens culturais e do seu entorno considerase espolio e está prohibido pola Constitución e pola normativa sobre patrimonio histórico, estatal e autonómica, que a desenrolan.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies