Concentración celebrada o sábado 17 de novembro de 2018 contra o peche de Alcoa // Imaxe: https://twitter.com/mareatlantica

A Coruña loita para que Alcoa non peche

O concello colga do balcón da casa do concello unha faixa co lema ‘Alcoa non se pecha’.

Traballadoras e traballadores da multinacional do aluminio Alcoa concentráronse este sábado na praza de María Pita para esixir a retirada do expediente de regulación de emprego extintivo que pesa sobre toda a plantilla.

O comité de empresa indicou que a empresa ten cometido irregularidades durante a tramitación e por iso acudirán ao tribunal de Rotterdam para denunciar que a empresa non cumpre os períodos de consulta e informacións aos traballladores. O presidente do órgano de representación da plantilla falou da mala fe da empresa ao non respectar os períodos de negociación e indica que segirán a denunicar os incumprimentos. Tamén avanzaron que este luns reuniranse con varios deputados no parlamento europeo.

Case un milleiro de persoas arroparon aos traballadores nunha concentración na que tamén estiveron presentes representantes das formacións políticas.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies