Material da campaña 'En negro contra as violencias' // Imaxe: https://twitter.com/galiciaennegro

O PP critica a campaña ‘En negro contra as violencias’ mentres gasta 200.000 € en propaganda

Despois de negarse a participar na campaña “En negro contra as violencias” e sacar a súa propia “Fronte á violencia de xénero so cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. Non”, cun custe de 200.000 euros, pide non malgastar recursos.

En 2015, o Concello de Santiago iniciaba a campaña “En negro contra as violencias para poñer en evidencia a lacra das violencias machistas, en colaboración cos comercios da cidade. A iniciativa foi un éxito, e dende aquela foron moitos os concellos que ano tras ano se sumaron a ela. Gobernos locais de todas as cores e mesmo deputacións formalizaron a súa unión a esta campaña, que reivindica “un pacto social e político real contra as violencias machistas”.

Con esta campaña tratan de “fomentar unha acción de sensibilización cidadá contras as violencias machistas no campo municipal a través da coordinación entre concellos, ademais de implicar ao tecido asociativo, económico, cultural, educativo e social como forma de resposta colectiva ante as violencias”.

Na actualidade, mentres un terzo dos concellos galegos apostan por unirse á campaña “En negro contra as violencias”, “tecendo rede” como asegurara  o pasado ano Martiño Noriega, alcalde Santiago, converténdoa “nunha campaña de país”, a Xunta de Galicia desmárcase e saca a súa propia campaña, que segundo anunciaron, tamén terá difusión polos comercios locais. Esta campaña da Xunta custa 2000€ máis que a do ano pasado, que custara 196.078,43€, e ten un custo 2,5 veces maior que a de fai dous anos, cando a Xunta repartira 80000€ entre os medios de comunicación para lanzar a campaña. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies