Imaxe: Twitter Sandi

“Defende a Galega” galardoada co Premio José Couso

“Defende a Galega”, a plataforma que inclúe ao persoal dos medios públicos galegos, recibirá o premio José Couso de Liberdade de Prensa.

Baixo o lema “Defende a Galega”, o colectivo recolle as reivindicacións do persoal dos medios públicos galegos, que levan protestando nos chamados “venres negros” cada semana dende maio de 2018 esixindo unha radio e televisión de calidade e sen manipulacións.   

“Defende a galega”, en defensa da radio e a televisión públicas, foi a candidatura elixida onte para recibir o XV Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que homenaxean ao reporteiro gráfico asasinado en Irak.  

A entrega do premio levarase a cabo no Teatro Jofre de Ferrol o vindeiro 3 de maio.

Críticas de censura

A través das súas redes sociais, dende “Defende a Galega” aseguraban que a Radio Galega prohibira dar a nova sobre o premio no boletín das 13:00h, nunha mostra máis, para o colectivo, de censura e manipulación.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies