O secretario de Vox de Pontevedra quere eliminar os centros Quérote+
O secretario da xestora provincial de Vox Pontevedra amosase firme defensor de eliminar os centros Quérote.
Os centros de asesoramento á xuventude Quérote+, dependentes da Xunta de Galicia, prestan un servizo de información e asesoramento á mocidade galega “naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal”, segundo indican. Están integrados por equipos de profesionais especializados entre os que se atopan profesionais da Psicoloxía, a Educación Social, o Traballo Social, etc. e ubicados en espazos de encontro xuvenil.
A través das redes sociais, adoitan compartir as actividades que realizan, para coñecemento da poboación e visibilización da súa actividade.
Fai uns días, a través da súa conta de Twitter, publicaban un chío sobre unha actividade realizada polo alumnado no programa “Ciclo de vida adolescente”, xunto cunha imaxe.
Nese chío comentou o secretario da xestora provincial de Vox Pontevedra espetando “Teneis los días contados en nuestras instituciones educativas”.
O comentario enseguida obtivo resposta nas redes sociais, tanto de persoal dos propios Centros como persoas anónimas abraiadas pola intervención que cuestionaron incluso se non podería considerarse discriminación e ameazas.
Tenéis los días contados en nuestras instituciones educativas.
— José M. Mendoza (@josmen_vox) April 10, 2019