PACs en pe de guerra inicia a súa propia campaña

PACs en pe de guerra adiantase ao inicio da campaña electoral cun percorrido polas rúas de Compostela.

Onte, PACs en pe de guerra comezaban un percorrido polas rúas de Santiago de Compostela, en coche e con megafonía, para informar á cidadanía de que os PACs, “a diferenza do resto de Atención Primaria, seguimos en folga, que as nosas reivindicacións seguen intactas a pesares da negativa do Sergas a seguir negociando cos traballadores e ignorando a proposta elaborada e presentada polos mesmos”.   

O percorrido desa “caravana electoral” incluíu pasar polo edificio administrativo do Sergas, o edificio da Xunta en San Caetano e o Parlamento de Galicia.

A través dun comunicado, manifestan que “non descartamos a realización de novos actos de campaña en calquera punto de Galicia”.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies