Imaxe: https://www.cig.gal/avantar.html

A CIG denuncia a soberbia de Feijoo e o PP ante a problemática de Atención Primaria

A CIG-Saúde denuncia que a soberbia do PP e de Feijoo fixeron saltar polos aires o acordo asinado o 10 de baril, impedindo solucionar a problemática de Atención Primaria.

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde denuncia que “tan so un días despois da sinatura deste acordo desde o Presidente da Xunta, até o Xerente do SERGAS, pasando polo portavoz de Sanidade no Parlamento e mesmo o propio conselleiro de Sanidade, en comparecencia parlamentaria, retiraron publicamente o apoio ao acordo asinado no ámbito de negociación”. Para Abuín, “o PP non só desautoriza así á Directora de Recursos Humanos, senón que constata a súa indecencia política e o escaso, por non dicir nulo valor dos seus compromisos, que xa non se sustentan sequera en campaña electoral”.

A secretaria Nacional de CIG-Saúde considera inadmisible que “antes mesmo de iniciarse a negociación do estudo de necesidades de persoal na atención primaria, que é un dos compromiso recollidos na acta, xa o conselleiro adiantara en sede parlamentaria que non teñen a máis mínima intención de dotar o servizo de máis medios humanos, nin materiais, nin máis orzamento. Nin sequera de dotar á Primaria de capacidade resolutiva ou a creación dunha Xerencia”, afirmando que “antes de cuantificar as necesidades reais xa anuncian o ridículo orzamento que van investir, o que é a proba máis evidente de que a súa intención era e é non facer nada”.

Dada esta situación, a CIG-Saúde lamenta “ter desconvocado a folga e terlle dado ese voto de confianza ao goberno do PP, que sabemos que non é digno de tal”, e anuncian que convocarán “unha reunión da plataforma en breve para propor retomar a folga no mes de maio se o día 26 o SERGAS non trae á mesa sectorial as propostas para desenvolver os acordos acadados o 10 de abril. Estamos dispostas a incrementar a mobilización a todos os niveis”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies