Feijoo desvela que Casado inflúe nas súas decisións
Feijoo desvelou que as posicións políticas e electorais de Casado, vencelladas a contentar a potenciais votantes de Vox, inflúen nas súas decisións á fronte da Xunta, como no caso da reclamación de novas competencias para Galicia.
Esta semana Pablo Casado, líder do PP en Madrid, daba por fechado o debate sobre a transferencia de novas competencias ás autonomías, o que moitos interpretaron como unha “recentralización do estado”. O presidente da Xunta, sen embargo, quixo aclarar que non é así, senón “evitar o desmantelamento do mesmo coas cesións a independentistas e nacionalistas”.
Isto contrasta coas súas declaracións de fai apenas dous meses, onde reclamaba querer para Galicia “as mesmas competencias que lle están pedindo Cataluña e Euskadi a Pedro Sánchez”. Tralo anuncio de Casado, Feijoo viuse obrigado a recuar. En relación ás peticións de Cataluña afirmou “se é para consolidar o estado das autonomías si estou de acordo, pero non para configurar novos estados nación”.
Recoñeceu que agora cómpre “conxelar o traspaso competencial”, petición de Casado asumida polo presidente da Xunta, inda que, desa “conxelación” retirou a AP-9, considerándoo “un traspaso dunha infraestrutura básica, non unha transferencia”.