Imaxe: Twitter Pablo Casado

O PP prohibirá linguas cooficiais para empregos públicos

O PP, en consonancia co xa manifestado por Ciudadanos e Vox, prohibirá linguas cooficiais para empregos públicos.

Durante a campaña electoral do 2009, o PP fixera súas as propostas da recen bautizada asociación “Hablemos Español” para derrotar ao bipartito. Unha vez chegaron ao poder e tras un decreto ao fio, aparcaron o debate lingüístico ata que Ciudadanos e Vox, cos que compite polo espazo electoral, o volveron poñer no foco.

A proposta de Pablo Casado  de suprimir a obligatoriedade de coñecer o galego para acceder á función pública en Galicia, redobrando a súa aposta pola defensa do castelán nas comunidades con lingua cooficial, supón un grave prexuízo para os opositores galegos que queiran acceder a unha praza para seguir vivindo en Galicia. 

Ate agora, dependendo das oposicións, o galego era un requisito ou un mérito, para acceder á función pública en Galicia. A proposta de Casado pretende deixar sen efecto esta situación que aparece recollida en varias leis, normas e preceptos constitucionais e estatutarios.

Deste xeito, Casada da un paso máis para blindar o uso do castelán en Catalunya, Baleares, País Vasco, Galicia e a Comunidade Valenciana, fronte ao perfil baixo que neste ámbito seguirá Rajoy.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies