Imaxe: Twitter En Comun Unidas Podemos

Abel Caballero acusa a En Común Unidas Podemos de colonialismo político

O alcalde de Vigo acusa a En Común Unidas Podemos de “colonialismo político” valéndose da orixe ferrolá de Yolanda Díaz.

O rexedor vigués afeou a En Común Unidas Podemos que a candidata que presentan por Pontevedra, Yolanda Díaz, excoordinadora xeral de Esquerda Unida en Galicia, sexa natural de Ferrol, presentándose por unha circunscrición diferente á súa. 

Caballero esixiu que os candidatos “sexan da demarcación, porque o paracaidismo político xa é moi vello”.

Rubén Pérez carga contra Caballero

Rubén Perez saiu ao paso das críticas de Abel Caballero lembrándolle que o propio rexedor fora deputado pola Coruña, sinalando que “se acusa a si mesmo de colonialismo político”, “unha práctica moi habitual no PSOE”, asegurou, para logo indicir en que “non imos entrar nese localismo cateto de chamar colonialismo a iso, hai que estudar historia para saber o que é o colonialismo”. 

Iris Malvido afea a Díaz a súa posición sobre ENCE

Durante o debate entre as candidatas ao Congreso, a candidata de En Común, Yolanda Díaz, apenas fixo alusión á problemática de ENCE, algo que o candidato de En Marea por Ourense, Iván Olmos, puxo enriba da mesa durante unha das súas intervencións, o que fixo que a través das redes sociais a tamén candidata de En Marea por Pontevedra, Iris Malvido, parabenizase ao seu compañeiro, asegurando “dende a provincia de Pontevedra sentinme súper ben representada cando non esquivaches a pregunta de ENCE, cómo si fixeron outras a pesares de vir pola nosa provincia, cando falaches de desenvolvemento económico e como este está ligado a vertebración do territorio (saída sur Vigo, conexión entre portos)”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies