Fin de liga con victoria

Remataba o Auriense a liga con victoria.

Este domingo desputouse en Gondomar o derradeiro partido da campaña 2018/2019 para o Auriense Campus da Auga F.G. Nesta ocasión o equipo femenino do Auriense mediase  as debutantes de Turonia G.F.G.

Un partido no que a maior experiencia competitiva das ourensás foi clave para levar a vitoria e no que houbo fermosas xogadas e combinacións por parte dos dous equipos, o resultado final foi Turonia 01-11 (14), 03-14 (24) Auriense.

Remata así a campaña 2018/2019 na que os dous equipos locais amosaron un crecemento continuo, acadando o equipo masculino o 4º posto da clasificación e o feminino a 5ª posición. Resta agora a Copa, que dará comezo no mes de maio.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies