Manifestación de bombeiros forestais diante de San Caetano

Os sindicatos acusan ao conselleiro de Medio Rural de mentir sobre a temporalidade do SPDCIF

Nun comunicado de prensa os principais sindicatos da Xunta, CIG, CCOO, CSIF e UXT acusan ao Consellerio de Medio Rural de “mentir sen pudor” no Parlamento de Galicia afirmando que está a rematar coa temporalidade no servizo de prevención e defensa contra incendios forestais.

Segundo comunican os sindicatos, dun colectivo de 1.939 traballadores arredor de 1.200, máis do 65% da plantilla, é persoal temporal en fraude de lei. Así mesmo denuncian que non é certo que se vaian a incrementar en 600 postos o persoal do servizo publico de extición de incencios como se anunciou dende a consellería, senón que simplemente se trasladan á Xunta os postos de traballo que en anos anteriores se contrataban á empresa publica SEAGA. “O incremento de efectivos é igual a cero” afiman as organización sindicais. Alegan a maiores que a Xunta segue sen apostar pola prevención “xa que a practica totalidade do presuposto do servizo se gasta na extinción, máis de 100 millons de euros anuais”

Para rematar, os sindicatos reclaman que o conselleiro os reciba para constituir unha mesa de dialogo amosando ademáis, a sua intención de manter xuntanzas cos distintos membros parlamentarios que constituen o grupo de expertos que se encargará de revisar o servizo de de prevención e extinción de incendios de Galicia, esixindo “solucións urxentes cunha planificación críble que racionalice o servizo e remate coa precariedade laboral histórica dos efectivos que forman parte do SPDCIF.”

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies