Luca Chano nunha comparecencia // Imaxe: https://enmarea.gal

A deputada Luca Chao di que Podemos ‘terá máis peso que agora’ na dirección de En Marea

A deputada e membro de Podemos Luca Chao critica duramente á dirección de En Marea acusándoa de “estar instalada nunha especie de Partido Nacional Moderado, un Compromiso 2.0” e asegura que Podemos “terá máis peso que agora” na dirección da formación ruturista.

Luca Chao afirma que “na dirección de En Marea non hai ningunha persoa de Podemos, nin de Esquerda Unida nin de Anova, o que deixa un baleiro. Era unha organización baleira e atrofiada”. Para a deputada, “para que En Marea sexa de verdade a casa de todos, o proxecto de unidade popular, Podemos ten que estar”. Segue así a mesma liña discursiva que o Secretario Xeral de Podemos e voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez Reino, quen reivindica que Podemos “debe ser o centro do espazo de cambio”.

O día 2 abril de 2017, En Marea escollía coordinadora e os críticos coa dirección rexeitaban integrarse na mesma, rexeitando Iago Martínez (Marea Atlántica) ou Gladis Afonso (Anova) a oferta de Villares de participación no órgano. A dirección de En Marea presentara posteriormente no mes de xullo unha proposta de ampliación da coordinadora para que esta pasase de 11 a 15 membros e así “integrar a todas as sensibilidades”. A iniciativa foi rexeitada polos membros pertencentes ao sector crítico declinando novamente integrarse nunha coordinadora que finalmente quedou conformada por Elena Cores (Podemos), Alfonso Diz (Anova), Esther Duro (Anova), Victoria Esteban (LugoNovo), Mario López (Cerna), Consuelo Martínez(Cerna), Iria Morgade (Anova), Gonzalo Rodríguez (Marea Galega), Ana Seijas (Espazo Ecosocialista), Sara Torreiro (Foro Galego) e Luis Villares (En Marea).

Reaccións en Compromiso por Galicia

Ao alcalde de Lalín, Rafa Cuíña, membro de Compromiso por Galicia non lle sentaron moi ben as palabras de Luca Chao. “Cando en lugar de esbardallar e andar ás navalladas, Podemos demostre algo de xestión, volves por aquí”, espetoulle nun chío.

One thought on “A deputada Luca Chao di que Podemos ‘terá máis peso que agora’ na dirección de En Marea

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies