Intervención de Feijoo no Parlamento de Galicia // Imaxe: https://xunta.gal

Feijoo ataca a Villares identificando a En Marea con Podemos

Tras a intervención no Pleno do Parlamento do voceiro de En Marea, preguntando ao Presidente da Xunta sobre a situación de pobreza e exclusión en Galicia, Feijoo respostoulle aludindo a Podemos e Venezuela.

O voceiro de En Marea puxo enriba da mesa a rebaixa fiscal que se aplicará o vindeiro ano ao imposto sobre o patrimonio, acusando a Feijoo de “facer un agasallo fiscal aos ricos a costa de desatender aos máis necesitados”, replicando o Presidente que “dende a Xunta se fai a política contra a pobreza que non fan os alcaldes das mareas de Podemos”.

Feijoo empregou a Podemos para cargar contra En Marea, facendo referencia a unhas declaracións realizadas por Iñigo Errejón nas que aludía ao goberno de Maduro, espetándolle a Villares “como se pode vir en nome desa ideoloxía a falar de pobreza severa en Galicia, cando en realidade están chegando a España miles e miles de venezolanos que non poden comer en Venezuela”, o que provocaba protestas na bancada da formación rupturista indicando que non pertencían a Podemos, mentres o Presidente da Xunta insistíalle ao voceiro “Sen Podemos, vostede non estaría aí”.

O secretario xeral da formación morada, pola súa banda, mantén que Podemos debe ter maior peso en En Marea e abre a porta a que membros da súa dirección tamén formen parte do Consello das Mareas.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies