Manifestación contra o peche de Alcoa celebrada o 20 de outubro na Coruña // Imaxe: https://twitter.com/aKollontai

Multitudinaria manifestación contra o peche de Alcoa

A primeira mobilización contra o peche da instalación comezaba ás 11:00 na Praza da Palloza, onde miles de persoas, entre as que se atopaba persoal da fábrica de Avilés (cuxo peche tamén foi anunciado) e representantes dos grupos políticos municipais, autonómicos e estatais, que amosaban o seu apoio ao persoal afectado.

O presidente do Comité de Empresa, Juan Carlos López Corbacho, amosábase contundente ao afirmar “imos gañar”, mentres o rexedor coruñés, Xulio Ferreiro, aseguraba “traballaremos na defensa dos empregados. Tódolos coruñeses somos traballadores de ALCOA mentres non se solucione o conflito”. 

Luís Villares, voceiro de En Marea, xunto con deputados e deputadas tanto no Parlamento como no Congreso esixen a paralización inmediata do ERE. “Tendo en conta o millonario investimento en subvencións públicas para a súa actividade resulta unha auténtica burla á cidadanía que agora estean a repartir 200 millóns de euros en dividendos”, declarou na manifestación Villares, ao tempo que esixía a paralización do ERE, pois “non ten sentido que nos sentemos a negociar cando temos despedimentos enriba da mesa. Os traballadores e traballadoras teñen a unha cidade e a un país detrás”, aseverou.   

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pedía que a decisión da multinacional se converta “nunha decisión de interese nacional, traballando nunha fronte común de defensa desta actividade e dos seus postos de traballo”.  

Ana Pontón, afirmaba “non imos permitir que unha multinacional xogue co noso futuro”.

Beatriz Mato, candidata do PP á alcaldía da Coruña pedía “que a unidade amosada de todos tirando na mesma liña se manteña ata conseguir o que queremos, que a actividade das plantas de ALCOA na Coruña e en Avilés continúe viva e que sigan vivos tamén os postos de traballo”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies