A tremenda choupa que lle caeu a Feijoo e Casado en Vigo

Centos de siareiros do Celta concéntranse ás portas da fundación do clube para amosar o seu rexeitamento á politización da imaxe do Celta.

Varios centos de persoas concentráronse esta tarde diante da sede do Celta de Vigo para protestar pola presenza de Alberto Núñez Feijoo e Pablo Casado e a politización á que someteu ao clube o presidente Carlos Mouriño ao acoller un acto de precampaña do Partido Popular na cidade de Vigo. O presidente da equipa celeste é coñecido polos seus desencontros co alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero.

Os siareiros do clube vigués non entenderon a politicación da sede da fundación do Celta e chamaron a concentrarse para amosar o rexeitamento pola politicación da equipa de fútbol. A concentración reuniu a centos de persoas que o Partido Popular cualificou de “radicais” e “intolerantes”.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies