Alexandra Fernández, a única deputada de En Marea que defende os intereses de Galicia no Congreso

Alexandra Fernández asumiu a defensa dos intereses de Galicia fronte aos seus compañeiros de escano, que, inexplicablemente, despois de amosar publicamente o seu desacordo cos orzamentos, racharon a disciplina de voto.

Dende a dirección de En Marea se manifestou onte que “o goberno negounos a posibilidade de calquera acordo, non aceptando, como se lle demandou, explicitamente, por escrito e antes do debate de totalidade nin unha soa das 300 emendas da Axenda Galega do Cambio. Esa ausencia de calquera garantía de acordo amosou que o PSOE non tiña vontade real de comprometerse cos investimentos necesarios para a xeración de emprego e riqueza en Galicia”.  

Para En Marea, eses orzamentos representan “un maltrato á cohesión territorial, ao medio ambiente, ao tecido produtivo, ás oportunidades laborais en Galicia… comprometendo as expectativas de futuro para as xeracións máis novas”.

Segundo fontes consultadas, neses orzamentos, aumentase un 66,77% a inversión en Catalunya, un 60,7% máis en Valencia, un 92% máis en Navarra, un 30% máis en Asturias, un 27,5% máis en Extremadura, un 44,3% máis en Andalucía, e pola contra, para Galicia reducese un 20%.

Por este motivo, como explicaba Alexandra Fernández onte no seu Twitter, “levamos semanas anunciando o noso voto contrario a estas contas. Hoxe o noso voto pode que non fose decisivo para tumbar as contas, pero si era decisivo para soster a confianza dos nosos votantes a través da coherencia”.

Tralo debate, os deputados por En Marea que votaron con Podemos cargaron duramente contra Alexandra. Ángela Rodríguez aseguraba que “quen votou en contra dos orzamentos votou contra o SMI e as pensións. Nunha entrevista na TVG hoxe, Yolanda Díaz afirmaba que “Alexandra decidiu apoiar a posición de PP e Ciudadanos e a clave catalana”.

As críticas non tardaron en amosarse a través das redes, argumentando cuestión como que a suba do SMI a suba das pensións e dos soldos dos funcionarios xa estan aprobadas por decreto dende o 1 de xaneiro e polo tanto xa en vigor. Ao votarse todas as emendas en conxunto, sen diferenciar de quen foi iniciativa, o argumento de que En Marea aliñouse co PP e Ciudadanos resulta moi cuestionable, pois o mesmo se podería dicir de ERC, PdeCat ou Bildu, o que é absurdo, ou mesmo se podería volver en contra de quen fai ese afirmación e xa votara co PP e Ciudadanos na investidura fallida de Pedro Sánchez en 2016.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies