Manifestación contra o peche de Alcoa do pasado 20 de outubro

Nova marcha dos traballadores de Alcoa para evitar o peche

Os traballadores convocan unha marcha contra o peche da fábrica este luns 29 de outubro.

A loita contra o peche da factoría de Alcoa na Coruña segue collendo forza. Este luns os traballadores e traballadoras da fábrica de aluminios da Coruña convocan unha marcha obreira na que sairán uniformados da fábrica para marchar ata a Delegación do Goberno na capital herculina.

No medio farán unha parada na Praza da Palloza onde serán recibidos polas súas parellas, fillos e familia e toda a xente que os vaia acompañar para continuar todos xuntos a esixir que non se peche a fábrica.

Apoios sociais

A loita contra o peche de Alcoa segue a sumar forza. Durante o partido do Deportivo da Coruña contra o Reus puideron verse pancartas de apoio aos traballadores e todo o estado de Riazor gritou ao unísono “Alcoa non se pecha” durante varios minutos en solidariedade cos afectados e conscientes da importancia da fábrica de aluminios para a súa cidade.

A mobilización está alcanzando pico moi importantes tamén a través das redes. Unha petición en change.org leva acadadas, a día de hoxe, máis de 32.000 sinaturas contra o peche da fábrica.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies