O debate entre os partidos estatais esquécese de Galicia

Nin unha soa proposta relativa ao noso país foi escoitada no debate.

O debate entre Sánchez, Casado, Iglesias e Rivera non mencionou nin unha soa vez a Galicia e as propostas a respecto dos grandes problemas que lle afectan ao noso país non foron sequera mencionadas.

O debate a catro acabouse convertendo nunha sorte de micromitins de curta dirección onde os debatentes, lonxe de entrar en confronto de propostas, se limitaban a dirixirse ao seu electorado obviando o contrate de propostas.

O formato deste tipo de debates, moi criticado polo encorsetamento do formato proposto que impide que se realice un debate real.

As redes no tardaron en facer notar que soamente era un debate entre forzas estatalistas onde se ofreceu unha visión monolítica do estado sen que as forzas que defenden outros modelos puideran, sequera, ter opción de réplica a pesar de ter representación parlamentar.

En Galicia tanto En Marea como o BNG aproveitaron a celebración do debate para facerse notar en Twitter onde se xeraron varios centos de chíos nos que se contrastaba a ausencia de Galicia do debate de RTVE. Queda como anécdota a despedida do presentador, Xabier Fortes, que pechou o debate cun “Boas noites”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies