Imaxe: Twitter Veciñanza

Veciñanza presenta emendas ao proxecto de Orzamentos Municipais de Cuntis

Veciñanza ven de presentar emendas e propostas de investimento para o proxecto de Orzamentos Municipais de Cuntis para 2019.

 

Para Veciñanza, a proposta de Orzamentos do Goberno Municipal de Cuntis é “un documento que o Bipartito converteu en trámite, que carece un ano máis dunha aposta decidida por acometer as transformacións que o noso municipio precisa cada vez con máis urxencia”.  

Malia isto, aseguran, “Veciñanza non desiste de seguir facendo novas propostas e achegas na procura de establecer as liñas dun proxecto ambicioso e compartido para Cuntis que trate de sentar as bases das transformacións que precisa o noso municipio”.

Veciñanza rexistrou un documento con emendas en materia de saneamento do rural, instalacións deportivas, comercio local, mantemento do casco urbano e desenvolvemento turístico onde non so lle reclaman ao Grupo de Goberno “un esforzo económico maior, senón tamén a iniciativa par que ese investimento sexa verdadeiramente produtivo”.

Dende Veciñanza agardan que estas achegas “poidan ser tomadas en consideración polo Grupo de Goberno”, advertindo que “o voto aos orzamentos estará vinculado á acollida que teñan estas demandas”.

Emendas:

http://www.veciñanza.gal/wp-content/uploads/2019/01/EMENDAS-DO-GRUPO-MUNICIPAL-DE-VECI%C3%91ANZA-AO-PROXECTO-DE-ORZAMENTOS-MUNICIPAIS-2019-E-PROPOSTAS-DE-INVESTIMENTO-1.pdf

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies